Sin categoría

MOSTRA ESCOLA DE TEATRO ÁRTIKA – DRÁCULA, EL MUSICAL

Adaptación do musical “DRÁCULA”, usando a técnica de fonomímica.

DRÁCULA1

Advertisements

UNA DE DRAGONES, PRINCESAS Y… ¡¿DENTISTA?! – Títeres Los Bufones

Dous bufóns narran esta incrible historia, na que un dentista tenta curar ao rei da dor de moas mentres no castelo ocorren cousas moi estrañas… O conselleiro e man dereita do rei tenta casar coa princesa para así quedar con todo o reinado. O seu maligno plan é descuberto por alguén moi inusual: o dentista. Tensión, loita de dragóns, mostras de amizade e fidelidade e o descubrimento do verdadeiro amor ocorren no noso desenlace.

dragon1

A TROPA DO DOUTOR MILAGRE – Inventi Teatro

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.

Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…

Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre.

Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí.

Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

tropa1

RADIO BULEBULE – Paco Nogueiras

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

radio bule bule1

TRABALLANDO NUN SOÑO

Evento organizado pola ONG Dá Man no que pretenden recadar fondos para realizar operacións de cataratas no Senegal.

Actuarán persoas afeccioadas á música, o humor, o baile….

O evento consta de dous actos, cun descanso no que poderás tomar unha cea de petiscos (5€). A entrada é gratuíta pero para asistir deberás reservar especificando se queres quedar só á primeira parte, se quedas tamén á segunda e se queres a cea.

DA MAN1

 

CASQUERÍA E OUTRAS VÍSCERAS – Xerpo Cultural.

A nova proposta escénica de Xerpo Cultural fala da substancia interior do ser humano, a través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción.
Por que a sociedade non é quen de detectar o talento? Ao mellor é porque non está conectada ca súa identidade. A identidade foise diluíndo en feitos maquinais como traballo, consumo, supervivencia… teremos que voltar militar no pensamento da acción e resisitir dende as vísceras, ou ao mellor temos que pensar outros mecanismos para  non sentirnos fóra, na periferia perante un futuro sulagado. 
 
casquería1