Sin categoría

“5 MULLERES QUE COMEN TORTILLA” – Señora Supina

Ano 1956, América.
A Sociedad de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.
Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que destaca pola reivindicación dos principios do colectivo LGBTI e das mulleres homosexuais a través do humor. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades o medo ao descoñecido son os motores desta obra na que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein.

tortilla1

XXIII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2018_EXTENSIÓN VIGO

“HOME” de Mazzú Teatro (Madrid).
Home é unha obra de monicreque bunraku e máscara enteira que nos traslada o drama de Alón, un pensionista pobre e solitario ao que queren botar do seu pequeno piso de toda a vida. Baseada nun caso verídico, expón un conflito que se dá a diario en calquera gran cidade do mundo. Home, acción silenciosa , dálles voz a quen carece de forza para facerse oír. É unha viaxe máxica e surrealista pola vida de quen o perda case todo. Esta comedia dramática (ou drama cómico) propón unha reflexión crítica sobre o Estado do Benestar e o problema da xentrificación. Home, silencioso berro de protesta contra o desafiuzamento dos máis débiles en aras das implacables leis do Mercado, é unha metáfora poética e visual sobre o ser que desde arriba dirixe os movementos das nosas vidas.


“EL ALGUACIL BUÑUELO” de Titiritainas (Ecuador).
No pobo ocorreu algo estraño: din que o xoves pasado, escondido no bosque, atoparon o tesouro roubado da igrexa maior.
Despois de varias indagacións, por fin atopan aos ladróns e todo o pobo acode á praza, onde terá lugar o xuízo.
Que sucederá? Que sorpresas están a agardar?


“UN SECRETO INCREÍBLE” de Chachakün (Arxentina).
Como todas as mañás, Ametz e Colmillo emprenden o camiño ao cole. Pero un día ocorre algo estraño: Ametz descobre que os seus brazos teñen moita forza, e que pode voar para alcanzar a árbore máis alta…. Con este segredo incrible, Súper Ametz vivirá divertidas aventuras, acompañado do seu inseparable amigo Colmillo.

galic1

“INESTABLE” – Sutottos (Arxentina)

Este espectáculo do dúo Sutottos toma como eixo o medo e os seus derivados; paranoias, fobias, obsesións e ansiedades. Unha porta mal pechada ou a humidade nunha parede son puntos de partida que conducen á neurose e que terminan atrapándonos nos nosos propios temores.
“Inestable” é unha sucesión de estados de ánimo que nos fai confundir os límites entre o real e o irreal.

inestable1

 

XXIII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2018_EXTENSIÓN VIGO

“EN UNA CANASTA” – Ulularia Teatro (Arxentina)

Ela naceu de noite. Unha noite sen lúa. Ela non tiña berce. A súa nai deixouna nunha canastra. Así comeza a súa viaxe. Ela deféndese coa graza do seu instinto e a coraxe da súa inxenuidade. A súa canastra lévaa por un río titiritesco, un monte cheo de animais e alguén que ninguén espera, o home coas súas armas. O río dá ao mar. Ela soa no infinito mar. El, un artesán vimbieiro, con mans trenzadoras, con historias para contar… Ela filla, el papá. Uns brazos que son berce, nunha noite con lúa.

“EL OSO QUE NO LO ERA” – Mano y Contramano (México)

Cando o oso espertou dun longo soño todo ao seu ao redor cambiara, o bosque, a herba, as árbores e as flores; todo desaparecera. Mentres el durmía, uns homes construíron unha gran fábrica no lugar onde estaba o bosque. Os directivos da empresa aseguran que o oso é un home e insisten en poñelo a traballar.
Así comezan as aventuras de “El oso que no lo era”. Un fermoso conto que nos fala da incapacidade de recoñecer ao outro na súa diferenza, pero tamén do enfrontamento entre o chamado progreso e a conservación da contorna ecolóxica.

gali1

 

 

 

 

XXIII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2018_EXTENSIÓN VIGO – “DE OFICIO… SERENATEROS! – Tres Tigres Teatro (Arxentina)

Dous serenateros chegan a cantar e contar as súas historias. Pícolo, desilusionado do oficio, quere retirarse, e Margarita tratará de convencelo do valor e a maxia que teñen as serenatas, facéndolle revivir a historia de amor do Afiador e a Costureira.
Esta historia transcorre na feira de “Puerto Encantado”, un pobo que queda alén do mar. Pícolo e Margarita guiaranos coas súas cancións para que se atopen definitivamente.

sere1

“A VIAXE DE YOYO” – Dous en cuarteto.

Narra, a través das súas cancións, a apaixonante viaxe de Yoyo, un rato afable e soñador que un bo día decide abandonar a seguridade da súa tobeira na procura de aventuras, co desexo de descubrir lugares distintos e facer novos amigos.
Así, coñecerá a Tutú en Brasil, viaxará por Europa do Leste, baixará ás profundidades do océano, cantará á lúa chea en África, visitará os xardíns máis fermosos, asistirá a un baile de máscaras e vivirá mil e un paripés ata rematar nun deserto imaxinario onde descubrirá que a maior viaxe está no seu ollar das cousas, de si mesmo e dos demais.

Artistas participantes:
Fernando Abreu: clarinetes.
Pablo Carrera: guitarras e voz.
Pablo Pérez: contrabaixo.
Marcos Vázquez: batería.

21

“CANTA CONNOSCO” – Migallas Teatro

En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

miga1

“SOCAVÓN” – NÜN PRODUCCIONES

Un home está a construír algo coas súas mans. Non ten idea do que está a facer. As súas mans si. As súas mans saben. As súas mans traballan soas, como naquel momento que a súa mente non lembra con precisión e tenta clarificar. Un misterio. Un coitelo. As mans. O que fixeron e o que están a facer. Focha cóntanos un labirinto alucinante e real ao mesmo tempo, un mundo rematadamente exasperado, cheo de música, silencio, luz e escuridade. Do aclamado dramaturgo arxentino Luís Cano, chega a España este thriller psicolóxico cunha innovadora posta en escena.

F VIGO BAJA[540]

“Drácula, O musical” – Tolemia Teatro_Escola de Teatro Ártika

Adaptación do musical “Drácula” empregando a técnica de fonomímica.

Baseado na popular novela de Bram Stocker, narra a viaxe de Jonathan Harker a Transilvania para entregar as escrituras das propiedades compradas polo conde Drácula na cidade inglesa de Whitby. Unha vez en Transilvania, Harker toparase cos perigos do lugar. Por outra banda, Mina, a prometida de Harker, resulta ser a reencarnación do antigo amor do conde Drácula catro séculos antes. O conde trazará un ambicioso plan para ir na súa procura e recuperala.

drac1