Autor/a: Ártika cultura e arte

“SOCAVÓN” – NÜN PRODUCCIONES

Un home está a construír algo coas súas mans. Non ten idea do que está a facer. As súas mans si. As súas mans saben. As súas mans traballan soas, como naquel momento que a súa mente non lembra con precisión e tenta clarificar. Un misterio. Un coitelo. As mans. O que fixeron e o que están a facer. Focha cóntanos un labirinto alucinante e real ao mesmo tempo, un mundo rematadamente exasperado, cheo de música, silencio, luz e escuridade. Do aclamado dramaturgo arxentino Luís Cano, chega a España este thriller psicolóxico cunha innovadora posta en escena.

F VIGO BAJA[540]

Advertisements

“Drácula, O musical” – Tolemia Teatro_Escola de Teatro Ártika

Adaptación do musical “Drácula” empregando a técnica de fonomímica.

Baseado na popular novela de Bram Stocker, narra a viaxe de Jonathan Harker a Transilvania para entregar as escrituras das propiedades compradas polo conde Drácula na cidade inglesa de Whitby. Unha vez en Transilvania, Harker toparase cos perigos do lugar. Por outra banda, Mina, a prometida de Harker, resulta ser a reencarnación do antigo amor do conde Drácula catro séculos antes. O conde trazará un ambicioso plan para ir na súa procura e recuperala.

drac1

“O FURANCHO” – Ibuprofeno Teatro

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa Resort vitivinícola Rosalía de Castro, ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é una parra que se expande. Cada célula é una uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

FURANCHO1

“DES – CONCERTO” de Abmiram Quartet

Abmiram Quartet, o conxunto musical semifinalista de Got Talent España, presenta o seu terceiro espectáculo. Un novo show onde os catro virtuosos músicos farán as delicias dos maiores e dos máis cativos da casa coa axuda da súa xa coñecida marimba, ademáis dalgunha que outra sorpresa.
O humor e a tolemia mestúranse á perfección cun renovado repertorio musical que redescubre o xeito de achegarse aos “hits” clásicos.

abmi1

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR – Federación Galega de Teatro Afeccionado

AS PORTAS – Grupo de Teatro Paso de Valverde.

As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan á xente do noso lado, sen saber se estaremos mellor despois de abrilas. En Ás portas, serán as encargadas de traer noticias doutros fogares, onde caen as bombas e o irmán de Ana e María loita polo país. Esta é unha historia de guerra, de recordos, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empuxa e acompaña ás dúas protagonistas cara a un novo mundo. Cando o perdes todo, só podes resignarche ou loitar.

BERNARDA – Lohengrin

Versión de Pablo Iriarte da obra escrita por García Lorca. Nesta peza destaca a creación dun novo personaxe, A Casa, creada en forma de coro vocal que nos vai relatando o que se intúe e non se ve dentro da casa. A obra compleméntase cun repertorio do poemario do mesmo autor.

MENESTRA DE TESTOSTERONA – Hipócrita Teatro

“Ninguén me advertiu do difícil que é ser muller”, reflexiona Lucrecia, que busca axuda terapéutica para pescudar nas causas dos seus continuos fracasos sentimentais. Da man do doutor Casa, a protagonista repasa, en clave de humor, as súas relacións co sexo masculino e descobre que todas elas teñen un ingrediente común: a “menestra de testosterona”.

TERAPIA DE BAR – O Aturuxo de Melpómene

O bar “Da costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada).

TEATRO AFIC1

BUFÓN – Auxocromo Teatro

Desde que existen os reis existen os bufóns. A cara oposta de todo poder, un cetro de xoguete e unha coroa terminada en cascabeis os unxen como os soberanos do esterco. Unha falta total de respecto por todo o sacro conságraos como o fungo que corrompe a carne selada e solemne do status quo, o recordo lacerante de que a morte nos axexa, de que todo viaxa sobre a súa propia degradación cara á entropía e que todo o sólido desvanécese no aire. E que xustamente por iso, deberiamos estar a nos rir a gargalladas fronte ás fauces do abismo.

buf1