IV FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL

Festival

ALADINO E A LÁMPADA MARAVILLOSA de Avento Produccións

Versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte. Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias. De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.

Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unas moedas coas que mercar algo para comer. Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta. Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

O APALPADOR CONTRA O LADRÓN DE XOGUETES de Títeres Cachirulo

O Apalpador vén a visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura! O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas do Courel… quen o impedirá?

RECREO de Títeres sin cabeza

Esta é a historia dunha filla aventureira e un pai preocupado. Desde hai un tempo a pequena Telma chega da escola famenta. Por que? Que pasará nese recreo? Para pescudar que lle sucede a Telma non vale facer preguntas tes que ser explorador de selvas, saber falar con elefantes, ser un bo pirata, un excelente nadador… e facer o que sexa necesario para atopar o tesouro. Unha homenaxe á amizade e a solidariedade que nace no patio do recreo,

A TROPA DO DOUTOR MILAGRE de Inventi Teatro

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do DoutorMilagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre. Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

A FANTÁSTICA TÍA PILAR de Migallas Teatro

Cando Bea era pequena tiña a sorte de ter unha tía que se chamaba a tía Pilar. Ela era moi sabia e divertida. Contaba contos e cancións, sabía cando ía chover e cando non e tiña caixas de tesouros. Gardaba en lugares máxicos galletas de limón, anaquiños de teas e caixas de música… Veñan a coñecela e a divertirse coas súas historias.

OS SOÑOS NA GAIOLA de Títeres Alakrán

“Os soños na Gaiola” de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego. Un mundo que á pequena Alicia, unha nena urbana da actualidade, lle resulta estraño, mais que acabará comprendendo e amando.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s