IV FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL

Festival

ALADINO E A LÁMPADA MARAVILLOSA de Avento Produccións

Versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte. Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias. De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.

Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unas moedas coas que mercar algo para comer. Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta. Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

O APALPADOR CONTRA O LADRÓN DE XOGUETES de Títeres Cachirulo

O Apalpador vén a visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura! O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas do Courel… quen o impedirá?

RECREO de Títeres sin cabeza

Esta é a historia dunha filla aventureira e un pai preocupado. Desde hai un tempo a pequena Telma chega da escola famenta. Por que? Que pasará nese recreo? Para pescudar que lle sucede a Telma non vale facer preguntas tes que ser explorador de selvas, saber falar con elefantes, ser un bo pirata, un excelente nadador… e facer o que sexa necesario para atopar o tesouro. Unha homenaxe á amizade e a solidariedade que nace no patio do recreo,

A TROPA DO DOUTOR MILAGRE de Inventi Teatro

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do DoutorMilagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre. Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

A FANTÁSTICA TÍA PILAR de Migallas Teatro

Cando Bea era pequena tiña a sorte de ter unha tía que se chamaba a tía Pilar. Ela era moi sabia e divertida. Contaba contos e cancións, sabía cando ía chover e cando non e tiña caixas de tesouros. Gardaba en lugares máxicos galletas de limón, anaquiños de teas e caixas de música… Veñan a coñecela e a divertirse coas súas historias.

OS SOÑOS NA GAIOLA de Títeres Alakrán

“Os soños na Gaiola” de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego. Un mundo que á pequena Alicia, unha nena urbana da actualidade, lle resulta estraño, mais que acabará comprendendo e amando.

 

LACURA – IMPULSO PRODUCCIONES

Bibi, un personaxe do enfermo século XXI hilarantemente posuída polos espíritos que a habitan, decide contarnos como tola a súa propia mirada ao mundo.

Familia, amantes, temores e paisaxes psicolóxicos serán o fío condutor da historia, levándonos cara a unha viaxe interior sen retorno a través da dor e a risa, dándolle a volta á tortilla e descubrindo que non hai ovos.

LaCura

MAMBO – CIA. EL MONTACARGAS

MAMBO é a historia de dous personaxes: EL e ELA. Son dous personaxes sen nome propio, para simbolizar que calquera de nós podería ser calquera deles.

Ambos personaxes saíron de senllas relacións de parella por causa dunha traizón e xorde agora a necesidade de enfrontarse ao mundo en solitario despois da ruptura. Este será o feito detonante do conflito xa que ambos, tras saír da contorna de confort no que vivían teñen que enfrontarse en solitario a unha nova realidade.

Os dous personaxes, cada un á súa maneira tentarán refacer as súas vidas. A través das situacións ás que se enfrontan irán mostrando ao espectador o conflito do individuo fronte á sociedade contemporánea. Relacións efémeras, comunicación tecnolóxica, o egoísmo humano, a perda de valores éticos da nosa sociedade, a frustración, a soidade, etc.

A música e os bailes de salón, máis en concreto o MAMBO serán elementos fundamentais no desenvolvemento e desenlace da obra.

Mambo

4 SEGUNDOS – COMPAÑÍA IO

4 SEGUNDOS foi o tempo que lle levou a esa morea de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos, que desta volta, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo sumiu, para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutor. Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e de autocoñecemento, de persoas de verdade e de outras que non o son tanto. 4 SEGUNDOS lembra ao espectador o animal que todos levamos dentro, ese animal que en ocasións pode chegar a salvarnos a vida.

4 seg1

CENICIENTA Y LAS ZAPATILLAS DE CRISTAL – Luna Teatro Danza

Dúas bailarinas dramatizan con danzas, zapatos, chapeus, vestidos, monicreques e outros obxectos o conto clásico de Perrault. Cincenta é unha moza orfa obrigada a ser a serventa da súa madrastra e medio irmás. Un día chega unha invitación para unha gran festa que ofrecerá o Príncipe. Cincenta ve unha oportunidade de ser capaz de sentir como as outras mozas da súa idade. Coa axuda máxica da súa fada madriña pode ir ao baile. Ás doce da noite a maxia termina e Cincenta debe abandonar precipitadamente a festa. Na súa fuxida perde unha zapatilla de cristal. O príncipe, que se namorou dela, comeza a buscala por todo o mundo, probando a zapatilla a todas as doncelas. Finalmente atópaa e os dous, felices e namorados, deciden irse polos camiños para danzar en improvisados escenarios.

ce1

“A ÁRBORE VERMELLA” – Os Náufragos Teatro

Martín non atopa mais recurso que pedir nas rúas. Martina, a súa filla non entende o que pasa, sofre a vida do seu pai e éntranlle os medos, a tristeza e a desolación. Martín non sabe qué facer, espera unha chamada, algo que ​mude o rumbo dos acontecementos. Cando todo parece que non ten solución, unha árbore vermella aparece na vida de ambos.

árbore1

 

“MOSCA” – Sudhum Teatro

Con MOSCA, a compañía SUDHUM TEATRO, trae a escena o acoso escolar. Unha realidade pouco visible ou non tratada de forma adecuada.

MOSCA é un xogo de nenos capaz de converterse nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, practícase entre iguais.

O acoso escolar é unha dos nosos maiores fracasos como sociedade e o índice de suicidios por esta causa resulta alarmante. Hai quen mesmo cre que é máis adecuado chamalo “asasinato social”.

MOSCA1

“REQUIEM” – Rotura Producciones

Naqueles días de hospital ao meu pai e a min caéusenos a máscara de pai e filla coa que ata entón nos relacionábamos. Atopámonos espidos fronte a fronte, corazón a corazón, compartindo profundas reflexións, recordos, chistes, cancións, miserias, dores e desesperacións. Nas situacións límite os seres humanos somos capaces de ter un encontro moi especial. Para iso é necesario abandonar o papel que a cada un nos toca representar acotío, é dicir, un deixa nese lugar de ser quen é, ou quen cree ser. Ocorre entón, que as fronteiras entre o que é un e outro comezan a confundirse; a liña entre o que é dar e recibir dilúese tamén. O tránsito do meu pai á morte proporcionoume o encontro máis forte que tiven ata a data cun ser humano. Paradoxalmente, o marco dunha situación dolorosa pode ser precisamente o que che brinde as cousas máis fermosas da túa vida.

requiem1

“TUGA HACE EL PAYASO” de Títeres sin Cabeza

A ilusión de Tuga é ser mago pero non é fácil, nada fácil. Vamos… que a maxia non é o seu! Así que, como moita xente, Tuga, aparta o seu soño e tenta gañarse a vida como unha persoa “normal”, das que non teñen o nariz vermello. Claro que cando es pallaso e non o sabes, é difícil.
Unha disparatada historia sobre perseguir soños, os de Tuga, o noso pallaso máis querido, os de centos de persoas que tras a cara escondemos un tremendo nariz vermello coa que asimilar a “normalidade” e a importancia que ten a formación para chegar a facelos realidade.
Un espectáculo de monicreques de luva para toda a familia no que non poderás parar de rir.

tuga1