CHOLA A IT GIRL – ARTESACÍA

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte, e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

chola1

Advertisements

AGURATRAT – CIA PÉREZ & FERNÁNDEZ

“Aguratrat” é a adaptación teatral da Cía. Pérez & Fernández do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “James e o pexego xigante”, “Matilda”, “As Bruxas”, “Mr. Fox”, etc.)

O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas, está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa tartaruga Alfie.  A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño.

O Señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.

agura1.jpg

CHUVIA – ANÓMICO TEATRO

Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e coma nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dos cascallos.

chuvia1.jpg

REDONDO – CARAMUXO TEATRO

“Redondo” é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

REDO1

LUCE DELL´ARIA – DANIA DIVA

Concerto sobrio e elegante onde a aria é interpretada desde a perspectiva da muller que se expresa en épocas diferentes a través das arias máis coñecidas do repertorio operístico. Dania Diva, soprano, aberta ao diálogo e o encontro, lidera (cunha vibrante interpretación) creando un momento ameno e sorpresivo. A súa escenografía proxectada esta aberta á exposición de obra pictórica ou fotográfica dalgún artista invitado que integre, creativamente, o dialogo audiovisual de forma harmoniosa.

diva1

 

HISTERIOTIPOS, MEJOR SOLTERA QUE MAL ACOMPAÑADA – CARMEN TRUEBA

Unha obra que propón o mellor humor. Rirnos de nós mesmos. Cando buscamos un ¨amor para toda a vida¨ enfrontámonos a situacións extremas e ata ridículas que xamais pensabamos que iamos vivir.

Carmen Trueba dá vida a Alba que vive situacións ridículas en procura do seu home ideal, Aitor Campo dá vida a todos estes tipos de homes, e xuntos garántennos risas aseguradas. Un manual de autoaxuda para que as mulleres saiban de que homes deben escapar.

HISTE1