Imaxes

NO PENSAR – CARLOS MEIXIDE

A poucos minutos dun discurso crucial ante a prensa, o Presidente do Goberno reflexiona sobre diversos episodios da súa vida que nos axudarán a entender como alguén como el puido chegar a presidente dun país de 45 millóns de persoas. Porque todo ten unha explicación…

no

OS NARIGUDOS – TANXARINA TÍTERES

Na illa dos Narigudos, todo son problemas. Por culpa dos seus enormes narices: bailes e amoríos acaban sempre en amargas diputas.
Bartolo é o escollido para ir buscar a solución á casa de Chan Quenda: “o home máis sabio do mundo”.
Pero… Ai!… A vida está chea de tentacións.
E se puidese cambiar o seu nariz por unha máis pequena?

os

MORNINGS – BLANCA CENDAN Y SUSO ALONSO

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel duns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar… Un espectáculo de teatro musical onde navegan nun contexto atemporal pero inspirado na estética e na música dos anos 60 versionando a Rita Pavone, The Turtless, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.

m

A FILLA DE WOODY ALLEN – MARIÁN BAÑOBRE

O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

a