PERCUSIÓN

ÁLVARO JURADO GARCÍA

Álvaro Jurado García naceu en Vigo en 1994, no seo dunha familia dedicada profesionalmente á música. Comeza os seus estudos de percusión no Conservatorio Profesional de Música de Vigo aos oito anos, cursando no devandito centro o Grao Elemental e Profesional. Con 18 anos supera as probas de acceso ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, obtendo o número un da súa especialidade, e onde actualmente estuda terceiro curso. Recentemente foi admitido na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia dependente da Real Filharmonía de Galicia como único alumno de percusión que realiza o Curso de Especialización Instrumental. Estudou con Pere Sanz Alcover, Xavier Sabater Sancho, Marcos Vázquez, Vicent Grau Díaz, David Rodríguez García e Carlos Castro Roig. Realizou cursos con Sisco Aparici (técnicas de estudo), Pius Cheung (marimbista), Nick Woud (timbaleiro), Pedro Carneiro, Jeffry Davis (jazz), Paulo Silva (percusión brasileira e cubana), Marcos Vázquez (batería), Joan Pons (percusión clásica e técnicas de estudo), Diego Ventoso (percusión clásica), Ignacio Molins Bosch (percusión clásica) e Antonio Trigueros (percusión clásica). No ano 2008 entra a formar parte da Agrupación Musical Atlántida de Matamá (Vigo), dirixida por Enrique Lorenzo Vila ademais de colaborar asiduamente con agrupacións similares, a Banda de Música de Pontevedra, Banda Municipal de Ourense e Banda Municipal de Cañete de las Torres (Córdoba). Colaborou tamén coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 e a Orquestra Clásica de Vigo. Conta no seu haber cos seguintes premios: Concurso Acordes de Caixa Madrid en 2008 coa Banda de Música do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Premios David Russell para novos talentos, VI edición, conseguindo o Premio Honorífico David Russell e o Premio-Bolsa Ópera Prima. Gravou o disco Diversions coa Banda de Música do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, así como un DVD correspondente ao Premio David Russell. Dirixe dende hai cinco anos un grupo de percusión afrobrasileira conseguindo varios premios en desfiles de comparsas pola música en directo.

PERCUSIÓN-PROFE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s