RADIO BULEBULE – Paco Nogueiras

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

radio bule bule1

Advertisements

TRABALLANDO NUN SOÑO

Evento organizado pola ONG Dá Man no que pretenden recadar fondos para realizar operacións de cataratas no Senegal.

Actuarán persoas afeccioadas á música, o humor, o baile….

O evento consta de dous actos, cun descanso no que poderás tomar unha cea de petiscos (5€). A entrada é gratuíta pero para asistir deberás reservar especificando se queres quedar só á primeira parte, se quedas tamén á segunda e se queres a cea.

DA MAN1

 

CASQUERÍA E OUTRAS VÍSCERAS – Xerpo Cultural.

A nova proposta escénica de Xerpo Cultural fala da substancia interior do ser humano, a través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción.
Por que a sociedade non é quen de detectar o talento? Ao mellor é porque non está conectada ca súa identidade. A identidade foise diluíndo en feitos maquinais como traballo, consumo, supervivencia… teremos que voltar militar no pensamento da acción e resisitir dende as vísceras, ou ao mellor temos que pensar outros mecanismos para  non sentirnos fóra, na periferia perante un futuro sulagado. 
 
casquería1

“HISTERIOTIPOS” _”HISTERIOTIPAS” – Carmen Trueba

“Histeriotipos”

Cando buscamos un “amor para toda a vida” enfrontámonos a situacións extremas e ata ridículas que xamais pensabamos que iamos vivir. Un espectáculo divertido que propón o mellor humor: rirnos de nós mesmos. Esas situacións extremas son as que se aproveitan no texto para facer humor, as que o converten en algo así como un manual de autoaxuda para as mulleres, de calquera idade, pero sobre todo as treintañeras a piques de deixar de crer na existencia do “home da súa vida”. ” HisterioTipos” quere amosar ás mulleres como recoñecer a aqueles homes cos que é mellor que non se mesturen.

“Histeriotipas”

Unha obra que nos axudará a coñecer ás mulleres das que os homes deben escapar. Unha versión pensada para aliviarlles a procura do amor a “eles”. Un Manual de Autoaxuda imprescindible, un Dicionario de Peto para comprender ás mulleres, unha Guía do Usuario para o cabaleiro. Porque se as mulleres pásanlla dicindo iso de que “os homes son todos iguais”, o problema é que “as mulleres son todas distintas”. Unha obra que nos axudará a coñecer ás mulleres das que os homes deben escapar. A nai abnegada, a actriz Hippie, a celosa, a perversa. Porque a muller da túa vida é unha e o resto… son “a marxe de erro”. E porque ata que apareza a indicada, o mellor que podes facer é divertirche coas equivocadas.

histerio1
 

 

 

 

 

“DESCONEXIÓN” – Xurxo Cortázar

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano.

Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara ao descoñecido. Porfin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións novas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita o feito de ser un monifate sen personalidade definida.

desconexión1

 

“DE PÉ CREBADO” – A Artística Teatro & Danza

De Pé Crebado é unha antoloxía poética das últimas voces da poesía galega da actualidade,  a partires dunha proposta seleccionada por Antón Lopo, director de Chán da Pólvora.

Coma punto de partida tomamos a estrutura clásica dun recital de poesía, para falar do xénero no seu sentido mais amplo, tendo coma referente o nomeado movemento Queer, (movemento que encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional activismo LGTBI).

Pé1

 

“A MALETA DE DON ATTILIO” – Viravolta Títeres

Traxicomedia para público a partir de 3 anos, na que se adapta o tema universal do amor imposible, impedido por la distinta procedencia, clase social, cultura, raza… dos dous amantes, presente en clásicos como Romeo e Xulieta… Calixto e Melibea… Tristán e Isolda… Elisabeth e Darcy… María e Tony… a Ra Gustavo e Miss Piggy… e tantas outras.

Atilio1.jpg