MÚSICA E MOVEMENTO (3-7 anos)

Na fase de iniciación musical, máis que noutras, toma forza a idea de que o neno ten que vivir a música, partir da experiencia e do contacto coa realidade musical para enriquecer a súa bagaxe musical. Dende esa idea inicial debe fomentarse o desenvolvemento da capacidade auditiva, expresiva, rítmica e de sensibilidade musical. O primeiro contacto do neno coa música debe estar enfocado a espertar e desenvolver o amor pola música e por todo o que ela implica: son, movemento, ritmo, etc. É dicir, que a música debe supoñer desfrute. O contacto cos elementos sonoros do seu arredor influirá mesmo na súa actitude cara á vida. Polo tanto, deben proporcionarse materiais que lle axuden a desenvolver este aspecto.

MÚSICA

*Obxectivos da actividade:
– Desenvolver a atención e concentración necesarias para estimular a percepción auditiva.
– Buscar o ton muscular axeitado que supoña equilibrio entre a tensión e a laxitude, para que o alumno poida desenvolver a actividade musical con goce.
– Cantar cancións sinxelas coa afinación e precisión rítmica que o desenvolvemento psicolóxico e físico do alumno lle permita, como medio para incorporar experiencias musicais e repertorio que, en etapas posteriores, o alumno poida abstraer en coñecementos musicais conscientes.
– Recitar rimas, trabalinguas e dramatizar historias e contos para explorar a voz como instrumento musical e comunicativo que lle permita ao alumno establecer un vínculo expresivo e social coa música e co grupo.
– Descubrir as propiedades sonoras do corpo, dos instrumentos escolares e de obxectos convencionais mediante a experiencia e a manipulación directa.
– Recoñecer e diferenciar as calidades do son e a súa relación cos materiais que as producen, o seu tamaño, xeito de tocalo, así como desenvolver as capacidades motoras que permitan ao neno manipulalos.
– Coñecer e utilizar diferentes grafías non convencionais aplicadas aos diferentes parámetros sonoros.
– Expresar, a través do movemento, os diferentes elementos musicais traballados nas pezas e cancións.
– Utilizar e coordinar o movemento corporal como medio de expansión persoal, de contacto social e de expresión afectiva que permita ao neno coñecer e experimentar co seu propio corpo, co espazo, cos compañeiros e gozar do grupo, mediante actividades de danza e movemento libre.
– Integrar o xogo e o aspecto lúdico como parte da aprendizaxe da música para crear unha sensación de diversión que forme parte da adquisición paulatina de coñecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s