IOGA PARA NENOS

O ioga empeza a considerarse unha práctica cada vez máis necesaria para os nenos nesta época de continuo estrés, presión e competencia. Debido aos seus moitos beneficios físicos, emocionais e mentais, convértese nunha actividade perfecta para mellorar a súa saúde, onde o xogo é o principal protagonista. O ioga é un camiño de ensinanzas moi divertido, onde os máis pequenos aprenden a respirar conscientemente, a relaxarse cando o necesitan, a tomar máis conciencia do seu corpo, a desenvolver o seu lado creativo, a coñecer o seu interior, as súas emocións, os seus pensamentos… Para todo iso nas nosas clases traballamos con 4 obxectivos principais:
– O xogo: É o motor de aprendizaxe para os nenos. As clases teñen que ser primeiro divertidas!
– A relaxación: A través de técnicas sinxelas e creativas os nenos aprenden a relaxarse nas clases e no seu día a día.
– O auto-coñecemento: É esencial que os nenos se coñezan a si mesmos, para que poidan aceptarse e sacar o seu verdadeiro potencial. Aprenden a xestionar as súas emocións e os seus pensamentos para adquirir auto-control.
– A aprendizaxe: É o resumo de todo o anterior. A información é poder, por iso consideramos que o ioga non é simplemente un exercicio físico, debemos traballar coa mesma importancia a nosa mente e as nosas emocións.
Se algo diferencia o método de Yaiza doutras clases de ioga para nenos, é a diversidade de actividades que vai realizando cos seus alumnos, pois ten como obxectivo primordial que cada clase sexa única! Iso si, sempre mantendo o momento para o ioga físico, a relaxación ou meditación e a intelixencia emocional. Esas son as actividades que sempre unifica e que se practican en cada clase.

YOGA-CLASES 2

 

*Contido das clases:
– Hatha-ioga e acro-ioga
– Relaxación, meditación e mindfulness
– Xogos e animación
– Musicoterapia e expresión corporal
– Arte e creatividade. Mandalas.
– Intelixencia emocional
– Contos con valores
– Empoderamiento e desenvolvemento persoal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s