FRAUTA

PABLO ROUCO BLANCO

Pablo Rouco Blanco Naceu en Vigo en 1995.  Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Vigo en 2003. No ano 2013 remata o Grao Profesional no mesmo conservatorio obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Grao, coa profesora Julia Estévez Salgueiro. Actualmente cursa estudos de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo, co profesor Fernando Raña Barreiro. Compaxina estes estudos musicais con diversos cursos de especialización instrumental con frautistas tan destacados como Fernando Raña, Wilbert Hazelzet, Viçens Prats, Julia Estévez, Julia Gállego, Davide Formissano, Silvia Careddu ou János Bálint. Ademais, no curso 2014-15 foi admitido no curso de Especialización Instrumental (CEI) da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Galicia, co profesor Laurent Blaiteau. Forma parte da Agrupación Musical Atlántida de Matamá dende o ano 2006 e da Orquestra Vigo 430 dende o 2010. Como solista deu varios recitais en conservatorios de toda Galicia, así como na facultade de Historia dá Arte de Santiago de Compostela en dúas ocasións no ciclo de recitais en honor a Teresa Berganza. Debutou como solista con orquestra en setembro do 2012 acompañado pola Xove Orquestra Vigo 430. En 2014 actúa como solista coa Real Filharmonía de Galicia. Conseguiu o 2º premio no II Concurso Albertino Lucas en Fafe, Portugal (2009), 2º premio na IX edición do Concurso José Valcárcel na Estrada (2010), mención honorífica no concurso David Russel, Vigo (2012), finalista na X edición do concurso José Valcárcel na Estrada (2011), 3º premio na XII edición do concurso José Valcárcel na Estrada (2013) e premio honorífico na edición do concurso David Russel en Vigo (2014).

FLAUTA-PROFE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s