FRAUTA (de pico e Travesera)

As clases de frauta están orientadas a desenvolver as capacidades musicais do neno en relación co instrumento. Están dirixidas a alumnos de todas as idades, comezando os máis pequenos con frauta de pico ata que o desenvolvemento das súas capacidades físicas lles permita traballar coa Frauta Travesera. Os alumnos aprenden a técnica para a interpretación do instrumento e desenvolven as calidades tímbricas, sonoras e técnicas que este esixe para a súa correcta execución.
As clases terán un máximo de 2 ou 3 alumnos, podendo formarse tamén algún grupo colectivo (pequenos e maiores) coa finalidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases, así como o fomento da colaboración e compenetración cos compañeiros á hora de tocar en grupo. Ademais, esas clases colectivas estarían dirixidas a practicar xa un repertorio para interpretar en público.

FLAUTA-PROFE

Como principais obxectivos da especialidade de frauta encóntranse:
– O desenvolvemento auditivo que permita a correcta aprendizaxe do alumno, así como a facilitación da posible interacción con outros instrumentos.
– A consecución dunha técnica e dominio apropiados do instrumento axeitados á idade e crecente nivel do alumno.
– A aprendizaxe dos parámetros teóricos básicos que é necesario coñecer para a execución dun instrumento de vento e a súa aplicación práctica: respiración, articulación, emisión do son, rexistros (grave – agudo), etc.
– A consecución dunha boa lectura de partituras asociada a unha axeitada posición do corpo e a aprendizaxe correcta da posición de cada nota.
– O desenvolvemento dun gusto musical propiciado polo coñecemento crecente do instrumento, as súas necesidades e a súa correcta execución, xerando así un nivel de autoesixencia apropiado á actividade.
– A evolución positiva de cada alumno que permita mostrar os seus coñecementos en actuacións públicas (xa sexa só ou en colectivos), así como colaborar coas actividades teatrais tamén a realizar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s