FORMACIÓN MUSICAL (8-12 anos)

A aprendizaxe da música debe producirse de xeito natural, como na adquisición da capacidade da linguaxe. Ademais, ao igual que a capacidade lingüística, a Linguaxe Musical é unha ferramenta, constitúe unha calidade funcional e, ademais, unha forma de expresión para os seres humanos. O principal trazo de desenvolvemento da Linguaxe ou Formación Musical é que a música conecta coa expresividade dos seres humanos porque non está sometida a unha semántica concreta, como acontece coas palabras, senón que se vincula directamente ás emocións e aos sentimentos de cada persoa. Así, o alumno debe conseguir, por enriba de calquera teorización, desenvolver a súa sensibilidade auditiva e a súa capacidade expresiva. Os elementos que utiliza para iso son o ritmo, a melodía, a harmonía, a forma, a dinámica e todos os elementos que entran en xogo no feito musical. Grazas á práctica habitual e continuada, ademais de ben orientada, poderá desenvolver as súas capacidades e potencialidades psicomotrices, vocais, rítmicas, auditivas e expresivas. Só deste modo será capaz de interiorizar correctamente todos os materiais e de converter o código musical nunha verdadeira linguaxe que lle permita expresarse e comunicarse.

*Obxectivos da actividade:
– Apreciar a importancia e riqueza da música como linguaxe artística e como medio de expresión cultural dos pobos e as persoas.
– Cantar de memoria temas, cancións e pezas musicais que conteñan os elementos musicais, de maneira que leven ao alumno a unha mellor comprensión deles grazas á súa vivencia e posterior intelectualización.
– Desenvolver os recursos da voz como vehículo de expresión musical e de satisfacción inmediata, de maneira que favoreza posteriormente a comprensión dos elementos constitutivos da linguaxe musical.
– Utilizar o canto como principal actividade durante o proceso de aprendizaxe dos elementos melódicos e adquirir unha técnica vocal axeitada para a reprodución precisa deles.
– Recoñecer e reproducir os elementos rítmicos con exactitude grazas á liberdade e coordinación corporal.
– Utilizar a memoria e a audición para identificar os elementos vivenciados e percibidos coa súa grafía convencional e para recoñecer motivos, seccións, cadencias e outros elementos constitutivos da música.
– Aplicar os coñecementos adquiridos en audición, entoación e lectoescritura ás demais áreas e á interpretación vocal e instrumental, individual e en conxunto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s