Autor/a: Ártika cultura e arte

XXIII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2018_EXTENSIÓN VIGO – “DE OFICIO… SERENATEROS! – Tres Tigres Teatro (Arxentina)

Dous serenateros chegan a cantar e contar as súas historias. Pícolo, desilusionado do oficio, quere retirarse, e Margarita tratará de convencelo do valor e a maxia que teñen as serenatas, facéndolle revivir a historia de amor do Afiador e a Costureira.
Esta historia transcorre na feira de “Puerto Encantado”, un pobo que queda alén do mar. Pícolo e Margarita guiaranos coas súas cancións para que se atopen definitivamente.

sere1

Advertisements

“A VIAXE DE YOYO” – Dous en cuarteto.

Narra, a través das súas cancións, a apaixonante viaxe de Yoyo, un rato afable e soñador que un bo día decide abandonar a seguridade da súa tobeira na procura de aventuras, co desexo de descubrir lugares distintos e facer novos amigos.
Así, coñecerá a Tutú en Brasil, viaxará por Europa do Leste, baixará ás profundidades do océano, cantará á lúa chea en África, visitará os xardíns máis fermosos, asistirá a un baile de máscaras e vivirá mil e un paripés ata rematar nun deserto imaxinario onde descubrirá que a maior viaxe está no seu ollar das cousas, de si mesmo e dos demais.

Artistas participantes:
Fernando Abreu: clarinetes.
Pablo Carrera: guitarras e voz.
Pablo Pérez: contrabaixo.
Marcos Vázquez: batería.

21

“CANTA CONNOSCO” – Migallas Teatro

En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

miga1

“SOCAVÓN” – NÜN PRODUCCIONES

Un home está a construír algo coas súas mans. Non ten idea do que está a facer. As súas mans si. As súas mans saben. As súas mans traballan soas, como naquel momento que a súa mente non lembra con precisión e tenta clarificar. Un misterio. Un coitelo. As mans. O que fixeron e o que están a facer. Focha cóntanos un labirinto alucinante e real ao mesmo tempo, un mundo rematadamente exasperado, cheo de música, silencio, luz e escuridade. Do aclamado dramaturgo arxentino Luís Cano, chega a España este thriller psicolóxico cunha innovadora posta en escena.

F VIGO BAJA[540]

“Drácula, O musical” – Tolemia Teatro_Escola de Teatro Ártika

Adaptación do musical “Drácula” empregando a técnica de fonomímica.

Baseado na popular novela de Bram Stocker, narra a viaxe de Jonathan Harker a Transilvania para entregar as escrituras das propiedades compradas polo conde Drácula na cidade inglesa de Whitby. Unha vez en Transilvania, Harker toparase cos perigos do lugar. Por outra banda, Mina, a prometida de Harker, resulta ser a reencarnación do antigo amor do conde Drácula catro séculos antes. O conde trazará un ambicioso plan para ir na súa procura e recuperala.

drac1

“O FURANCHO” – Ibuprofeno Teatro

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa Resort vitivinícola Rosalía de Castro, ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é una parra que se expande. Cada célula é una uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

FURANCHO1