Autor/a: Ártika cultura e arte

Aladino e a lampada marabillosa (O Musical) – Avento Producións

Unha nova versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte.
Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias.
De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.
Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unhas moedas coas que mercar algo para comer.
Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas.
Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta.
Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que , sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

ALADIN1

Advertisements

Desenfreno Cabaret

Non son un Cabaret calquera. O único Cabaret de Galicia avalado e asesorado polo mestre Moncho Borrajo. Non te perdas o espectáculo do que todos falan e ao que todos volven, por algo será. María de Heredia, Hugo Santos, Lucia Domínguez e Agustín Leirós forman o elenco deste Cabaret, “Desenfreno Cabaret, Sexo Ideas y mucho Follón”.

De novo en Vigo, non o podes perder!!!

cabaret1

 

Valentino Rufini e Âkil Pillabán de Viaxe a Milán – Talía Teatro

Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

rufino1

Bicos con lingua – Talía Teatro

Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.

besos1

III FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL

O CONTADOR DE CONTOS – Galeatro

Sara está agardando por Toribio para amosarlle o seu último invento: a máquina do contador de contos con efecto retardado. Con este aparato os contos que conten serán escoitados en todo o mundo. Máis un virus producido polo malvado profesor Smith fai que a máquina se estropee. A partir de aquí, os nosos protagonistas terán que atopar a maneira de poder arranxar a máquina.

​O MUNDO DE CARLIÑOS – Luís Vallecillo

Carliños soña con ser escritor e xunto con Luis Vallecillo compartirá con todas e todos as historias que nacen do seu maxín. Personaxes como unha galiña azul ou as laranxas máis laranxas de tódalas laranxas xa bulían pola cabeza de Carlos Casares cando tan só era un rapaz e neste concerto cantarémolas e bailarémolascoma nunca antes se fixera.

ESTRAFALARIA – Xarope Tulú

Espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.

OS CONTOS DA MESA DE NOITE – Migallas Teatro

Os contos dá mesa de noite é un proxecto de narración oral e monicreques. Este fermoso proxecto de microarte comezou cando a narradora e actriz Bea Campos atopou dúas mesas de noite tiradas no lixo. O artista plástico Miguel Sagüillo axudoulle a facer da súa idea unha realidade, pintounas e, con moito agarimo e paciencia, descubriu que nelas estaba escondido un teatro con música, luz e monicreques.

PEKE1

 

 

 

 

 

ALICIA – El retablo (Madrid)

Dúas actrices escenifican con danzas, máscaras, obxectos e outros recursos teatrais algunhas das escenas do relato inglés. Alicia debe realizar o último e definitivo soño da
nenez, o soño no que ten que enfrontarse ao mundo dos adultos, non para velo desde fóra, senón para ingresar nel. Un mundo que é á vez atraente e repelente,
misterioso e pedestre, racional e profundamente absurdo. O enfrontarse a este mundo supón para Alicia unha aventura chea de desafíos e interrogantes.
Precipitámonos con Alicia nunha brusca e interminable caída, non se sabe ben se evocadora dunha viaxe intersideral, do trauma do nacemento ou da nosa diaria inmersión no mundo dos soños. A involuntaria caída no baleiro da protagonista lévaa a peregrinar por un país imaxinario, do que logo retorna á realidade.

alicia1

6 CUBOS NEGROS EN CORPO BRANCO – Aporía Escénica

Unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola onmipresenza do frío que emana do gran frigorífico branco, suspendidas no tempo, a cabalo de dúas épocas, a analóxica e a dixital.

Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.

6 cubos1