MOSCA – Sudhum Teatro

MOSCA é un xogo de nenos capaz de converterse nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, practícase entre iguais. O acoso escolar é un dos nosos maiores fracasos como sociedade e o índice de suicidios por esta causa resulta alarmante. Hai quen mesmo cre que é máis adecuado chamalo “asasinato social”.

Con esta aposta, Sudhum Teatro volve traer a escena realidades que afectan á infancia e a educación; temas pouco visibles ou non tratados da maneira adecuada. Para compensar esta falta, a obra profunda sobre as emocións de quen é vítima do acoso escolar, reflexionando sobre a súa vida e prestando atención a como o medo, os prexuízos e a impotencia poden chegar a impregnar toda a súa contorna.

MOSCA é un proxecto que fala sobre a contorna do menor a través da súa familia e a escola. Sobre a impotencia de non saber que facer, a falta de información ou o non detectar o problema a tempo. Un xogo de patio de colexio que pode converterse en acoso, medo, soidade e desesperación.

mosca1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s