XXII FESTIVAL GALICREQUES EXTENSIÓN VIGO

O DÍA EM QUE A MORTE SAMBOU – A SEÑORA ROSA E A MORTE                                              Valeria & Habib e Carmen Domech (Brasil – Galicia)                                                                      Seu Biu é un vello que non deixa que nin a súa idade nin a morte acaben coa súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser branco de moitas criticas e envexas, vive sorrindo e bailando, alegre e despreocupado. Ten a música, a danza e, sobre todo, unha consciencia aguda da súa profunda conexión coa natureza. Un día, a Morte ven buscalo. Mais ao chegar á casa do ancián é recibida dunha forma totalmente inesperada.

VIENTO – El colectivo                                                                                                        (Arxentina)

Nun mundo onírico dous personaxes profundamente entrañables esperan nunha estación de tren unha oportunidade, fálannos de fuxidas precipitadas, de nostalxia permanente, de soidade, pero tamén de encontros; os nosos protagonistas teñen que irse, aínda que non saiban moi ben onde.

POETA NIÑA – Gabriela González López                                                                               (Arxentina)

Ela viviu creando en diferentes épocas; ás veces, de maneira visible e outras, tendo que invisibilizarse, pola súa condición de muller. Unha viaxe á liberdade creadora, ao interior das palabras e os sons.
Con singulares instrumentos de percusión e un asombroso vestiario, Gabriela González López desprega o cosmos poético de Poeta Niña que brilla con faísca, humor, ritmo, canto, xogo e poesía escénica.

PIPA, EL TÍTERE MARAVILLA – La puntual                                                                                     (Cataluña)     

Pipa, é de Barcelona, pero como viaxou por todo o mundo é un pouco de todas partes. Nas súas viaxes aprendeu xogos e bromas doutros monicreques ilustres. O que non sabe é que aquí se namorará de Nina, e para darse o primeiro bico terán que pasar polas vicisitudes da vida moderna. Unha desbocada, ás veces surrealista e tenra comedia de monicreques.

GALICREC1.jpg

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s