O GAITEIRO BUCÓLICO – Yázabro

Espectáculo de teatro, no que se conta a historia do Gaiteiro Bucólico, un músico que coma moitos outros, caeron no esquecemento por non ter unha repercusión mediática no seu momento. A historia a escoitamos de Pedro, o seu tátara-tátara-tátara neto, quen herdou os seus instrumentos, as súas notas e os seus cacharros, cos que agora el mesmo intenta reavivar a lenda do seu antepasado.

No show ao tempo que se conta a historia do Gaiteiro, se fai unha ampla exposición dos seus instrumentos, xa que solo así podemos entender a súa traxectoria, na que pasa de ser un neno de aldea que tocaba con pallas de centeo, a transformarse nun dos gaiteiros más solicitados do seu entorno.

Sendo así, o espectáculo é tamén un Concerto Didáctico fabuloso no que se amosan máis de 20 instrumentos tradicionais diferentes, explicando a súa orixe e características máis importantes ou as evolucións ata o día de hoxe. E o máis importante, onde podemos descubrir o seu son tan característico que os fixeron transcender ata os nosos días a través de fermosas tonadas.

As diferentes personaxes que nos presenta Pedro (o seu antepasado, un faunotrasno, un cego de romerías) vanse rotando unha morea de instrumentos nos que atopamos: gaitas de fol, panderetas, zanfona, requintas, frautas rústicas, pandeiros de lata, gaitas de palla, asibíos, tarabelas, cornos e outros cacharros que Pedro explica moi ben a través dunhas pancartas grandes cuns debuxiños que nos axudan a entender a historia da nosa música.

g b1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s