DESCONEXIÓN – Xurxo Cortázar

O individuo 724/2013 FK3 cumpre a súa condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada, desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano. Ata que escoita unha voz sensual que o fai saír da súa gaiola e emprender unha viaxe cara ao descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións novas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita o feito de ser un monifate sen personalidade definida.

Así, mediante a metáfora da dualidade do monifate do semáforo, en ‘Desconexión’ trátanse temas inherentes ao ser humano: a rutina e as gañas de fuxir dela, a necesidade de formar parte de algo e a necesidade de individualidade, o afán de estar conectado e o afán de desconectarse… Sempre desenvolvidos desde o humor pero co fondo tráxico do sentimento de falta de liberdade para poder tomar decisións propias.

desconex1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s