SEI DUN LUGAR – aAntena

Simón, un guionista a punto de cumplir os trinta ven de estrear a súa primeira película. Algo non lle gusta do que está a ver en como van as cousas ou en como funciona o mundo que decide non saír da casa ata atoparse ben consigo mesmo e co exterior.

Bere, unha estudante universitaria de 28 anos, está a punto de sacar a súa tese, leva un tempo sen estar centrada, mais ela intenta de todas as formas atopar un camiño que a faga sentir ben.

Simón e Bere foron amantes durante un tempo, mais agora son amigos intimos, xa non teñen unha relación, os seus camiños bifurcaron . Bere está preocupada porque o seu amigo non sae da casa e visítao tratando de conseguir que saia ou continúe a escribir, pois é un home de talento e ten que aproveitalo, ela fai o que pode coa súa vida e ten que voltar á traballar cos seus pais para poder ter cartos e sacar a súa tese.

Simón e Berengaria son dous mozos en plena crise de madurez. Ningún dos dous ten claro que lles vai a acontecer na deriva da vida, mais non acaban de estar conformes co que teñen vivido no seu presente.

Simón e Bere non saben decirse o que senten o un pola outra. Ambos saben que algo os une máis non acaban de entender o que é.

Unha comedia romántica onde dous xóvenes andan nun momento de madurez persoal que os pode conducir a unha nova realidade.

sei1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s