II FESTIVAL PEQUEÁRTICO.

CANTAMOS UN CONTO – A Xanela do Maxín.

Contos clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia voltan dun xeito diferente reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten connosco, animándoos a que despois se acheguen ós estantes das bibliotecas e busquen entre eles ós personaxes das cancións.

HANSEL E GRETEL – Avento Producións.

Hansel e Gretel conta a historia de dous irmáns, que preocupados pola nova situación do seu pai no paro, deciden aventurarse no bosque para conseguir comida. Alí serán atrapados por unha bruxa malvada. Conseguirán escapar? Disfrutaredes dun musical para toda a famiia, onde cantaredes, bailaredes e riredes a esgalla.

A FOTÓGRAFA – A Cova das Letras.

Fica queda. Así… non te movas, sorrí e… pataca! Este feito, hoxe tan sinxelo, deu moitos quebradeiros de cabeza e sobre todo á súa descubridora, e por ende ben, galega. Esta peza que aquí revelamos, baséase en recentes investigacións que erixen A Fotógrafa como pioneira das instantáneas. Así mesmo, relata en sucesivos disparos as peripecias desta moza obsesionada por capturar a esencia da realidade. Demostra por pracer o que outros apreixaban con cobiza.

ZAPATOS – Caramuxo Teatro.

Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 4 anos.

¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. “Zapatos” narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

pekeart1

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s