FRAUDE – SUDHUM TEATRO (MADRID)

A obra está baseada na vida e obra do máis famoso falsificador de cadros do século XX, Elmyr de Hory, un xenio da pintura que estivo fincado en Eivissa os últimos anos da súa vida. Homosexual e xudeu, foi deportado polos nazis e, acabada a guerra, tratou de facer valer a súa mestría como pintor en Paris. Alí descubriu que os seus labores como falsificador reportaríanlle moito máis diñeiro. Percorreu medio mundo e os centos de reproducións que deixou tras de si supuxeron o inicio dunha investigación por parte do FBI: era imposible saber se os cadros eran ou non auténticos… As falsas aparencias, o que é verdade e o que é mentira, a importancia da marca e da procura dunha identidade propia son temas que atravesan a súa vida e a súa morte.
Unha posta en escena onde se explora a complicidade entre os códigos do cinema e os do teatro, unha linguaxe directa e unha proposta comprometida co aquí e o agora serven para seguir facéndonos a pregunta: Que é verdade e que é mentira?
Unha visión desde o teatro como o fixo Orson Wells na súa película Fraude desde o cinema.

fraude1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s