FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES EXTENSIÓN VIGO 2016

TITEREMUSICONTOS – A XANELA DO MAXÍN

Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.

Deixa, ademais, un camiño aberto a que nenas e nenos indaguen nos contos e na cultura a través dos avós, avoas e persoas que tiveron a oportunidade de crecer coa rica tradición oral que hoxe en día se está a perder.

Contos de raposos, galos, burros, pais e fillos… combinados cunha boa dose de ilusión e creatividade fan deste contacontos un dos mellores xeitos de fomentar a nosa cultura, os nosos contos.

TELÓN DE CIELO – VÍCTOR BIAU (MÉXICO)

“Telón de Cielo” está baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e
titiriteiro Guaira Castilla. O tamén titiriteiro VíctorBiau pon en escena esta poética obra, que recupera a maxia dos bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos,
de durmidos, de soñadores.
gali1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s