“Da Capo” é un espectáculo onde se combina música en directo, teatro e audiovisual. Catro virtuosos percusionistas atópanse recluídos en contra da súa vontade. Para liberarse terán ue facerlle fronte a un descomunal reto: interpretar grandes éxitos da historia da música arredor dunha marimba.
Divertido, entretido e para toda a familia; este é un show que nos vos deixará indiferente. Afinen as súas baquetas. O concerto vai comezar.