I FESTIVAL INFANTIL PEQUEÁRTIKO

FEO – Caramuxo Teatro – un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente… Feo! é un canto  á diversidade  e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

CONTOS NAS ORELLAS – Migallas teatro – Contos de risa, trasgos e caperucitas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas na nosa imaxinación, entraremos no mundo da fantasía e o enxeño… Contos nas orellas é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.

LARANXUS 7 – Avento producións –  Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do mais monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar. Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribles invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabaran por cambiarlle a súa visión do mundo.
Laranxus 7 é un espectáculo de títeres dirixido a publico infantil no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidariedade.
Laranxus 7 é un espectaculo Infantil creado para entreter e facer pasar un bo rato a Pais e nen@s.

PERFIL IMPERIAL – Dreamkalkman teatro – Perfil imperial conta a historia dun gobernante calquera cun terrible segredo que provocará situacións divertidas e faranos volver á infancia.

Compra aquí tus entradas
Compra aquí tus entradas

 Compra aquí tus entradas Compra aquí tus entradas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s