O FEO – CATROCADEIRAS

Lette é un tipo de clase media. Un tipo de éxito. Un tipo brillante, valorado no seu traballo como enxeñeiro, e felizmente casado cunha muller que lle quere… Pero un día, o seu xefe decide que non será el quen presente a súa propia patente nun congreso, porque non ten un físico agradable, que é o que hoxe se necesita para vender.

Desolado, o feo decide rematar co problema dunha vez por todas, e someterse a unha innovadora operación de transplante de rostro que resulta un éxito e converte o protagonista en todo un galán. Agora si que Lette ten a vida perfecta… Pero o seu novo aspecto acabará provocando toda unha serie de situacións delirantes a partir de que o cirurxián decida “patentar” a nova cara de Lette, que converterán a súa existencia nun auténtico inferno, facendo que se reformule se tomou a decisión correcta.

O texto de Mayenburg é unha sátira amable, que busca a crítica social sen perder nunca de vista a comedia. Unha comedia entretida -máis de sorriso que de gargallada- sobre temas serios.

FEO1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s