AMADIS DE ALGURES – ARTELLO TEATRO

No fragor da guerra que asola Algures, un bebé é depositado nunha arca para poñelo a salvo dunha morte segura. Tras un longo periplo arriba a un reino afastado, onde é acollido polo cabaleiro Gandales e a súa esposa Leonora.
Dende neno, a súa vitalidade provoca a admiración das xentes do anquilosado país no que vive. Sendo mozo encontra no bosque á princesa Oriana, que se ve nun grave perigo. A partir dese momento, a súa maior aspiración será ser nomeado cabaleiro.
As súas fazañas -sempre en defensa dos máis débiles- farán que o seu renome chegue aos lugares máis afastados. Aínda que tamén lle crearán algún problema coa súa amada…
Baseándose no libro de cabeceira de Don Quixote, “Amadís de Gaula”, dous actores crean os escenarios das aventuras do famoso cabaleiro sobre unha mesa, xogando con figuras construídas a partir de objectos reutilizados, mesturados con bonecos de madeira tallada. Cuns diálogos mínimos, case onomatopeicos, e con retallos de músicas de distintas épocas e estilos reconstrúese o mundo da cabalaría andante.
Deste cóctel resulta unha estética máxica, ao tempo sinxela e moi expresiva, cunha linguaxe universal que atrae tanto nenos coma adultos.

ADA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s