A TIXOLA POLO MANGO – TEATRO DO NOROESTE

Monólogo no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai. O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Si elas tiveran o que nós, ¿que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír ate as tantas, ¿estaríamos nós, os seus fillos, aquí…? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: “¡Basta!”

LUMA1

Deixar un comentario